A última parada a man de Sandra
Antes de nada recoñecer o esforzo que tivemos todos á hora de facela páxina web e o mérito que temos.
Frikisports: Moi ben traballada a páxina de inicio o único que falla é a resolución. Ben as animación. Bó diseño a pesar de que a imaxe do menú aparece cortada por abaixo. En canto ó contido sacan bó proveito dos rankings do 1 ó 10. Navegación sinxela e sen complicacións, como posible punto criticable a tipografía, pero aínda así a miña nota é dun 7'5
Bang: Bó deseño e menú, fácil navegación. A galería de imaxes tarda bastante en cargar, o detalle dos botóns cas pistolas destaca pero vese outra vez eclipsado porque ás veces é moi complexo que che funcione e porque tarda en cargar. Contido ben traballado e orixinal.A miña nota quedase nun 7'5
Revolucine: Boa estratexia a de empregar un index con entrada á principal, volver xurdir de novo o problema do tamaño da páxina. Cando pulsas na animación de Revolucine aparece un link que che leva a unha páxina que non ten nada que ver (supoño que de páxinas webs pero non de cine).Poderíase ampliar con máis pelis pero ben. Moi bó o detalle das redes sociais e de contacto. A miña nota dun 8
Maldia: Bó deseño do inicio (e sobretodo do detalle do Copyrigth). No resto da páxina un deseño sobrio, sinxelo pero disque acorde ca páxina. Estaría ben que o uso dunha capa a modo de submenú estivera en todos os apartados e non só no apartado de multimedia, queda un pocuo en desequilibrio co resto da páxina. Nota:6'5
As Tres en Punto: Bó diseño, tamén a tipografía acorde coas estilo que se nos presenta. Estilo de letra que perde según se entra en cada unha das artistas. Fácil navegación, bó fondo e os marcos das fotos e demais tamén. Nota: 8
Neoteristad: Ben o detalle de cargando así coma o diseño de toda a páxina e a fácil navegación que non ten perda. Como punto "cuestionable" o nome pero en xeral ben. Pasa o mesmo ca outras páxinas, a tipografía cambia e non está acorde co menú ou como se establecia nun principio. Nota: 7
As de Corazons: Ben deseño, acorde e en equilibrio co resto da páxina. En canto ó contido orixinal e humorístico en ton de parodia cara a persoeiros famosos. Acontece o mesmo problema que con outros grupos ca resolución da páxina, hai algunas imaxes e links que non van pero moi positivo Nota: 7
Madreselva: Bó deseño, acorde cas características da páxina, así coma as animacións que se ven nela, notase o traballo en flash. Non hai queixas nin cuestións en canto ó contido pero sí en canto á tipografía que non se manten estable en comparación co resto da páxina (cabeceira, animacións, etc)
Nota: 8
Chita fan Club:Nada maís entrar o problema da resolución, pero polo demais é unha páxina bastante sinxela, cunha idea orixinal, non ten moita complicación e a navegación dentro da mesma é sinxela. Hai alguúns fallos en canto á carga de imaxes e que os botóns do menú de navergación non se distingue en cal se está posto que os visitados teñen todos a mesma cor. Nota: 6'5
Deporte no es solo fútbol: Pese a que é moi criticada polo fondo de pantalla, eu voto ó seu favor porque creo que é o obxetivo que se propuñan, dar un efecto sicodélico á páxina. No tocante abarcanse moitos deportes non coñecidos. Na páxina principal alguns países cambiar de cor, outros non, ademais de que a páxina de foro non funciona. Polo demáis creo que unha páxina acorde o estilo que propoñen. A miña nota 6
Mequetrefes: Deduzo que na páxina de inicio debería haber unha animación que non funciona ou algo polo estilo, votase en falta. Hai unha imaxe dentro do menú que non vai. Aquí as capas sí se repiten e axudan a manter a coherencia e equilibrio da páxina. Polo demais ben, bó diseño e traballado coa participación dos actores na páxina. Vótase en falta páxinas ou redes sociais de contacto. Nota de 7
SetevalaOlla: Deseño simple acorde co público o que vai dirixido. Agora sí funcionan os links. Tipografía cambia segundo a navegación e as páxinas, así mesmo sempre se manteñen os mesmos menús e non é díficil perderse (menús que segundo a páxina cambian de tamaño)Ademáis o reloxo non aparece no index pero sí no resto Nota: 6
Mastercav's: A primeira impresión que dá é a de ser moi grande, que ocupa demais a pantalla, asombrasenos con moitos contidos en pouco espazo. Polo resto, contidos moi traballados e orixinais. O deseño mantense toda a páxina e a navegación que costa un pouco seguila. Nota 7'5
SMBd: Nun primeiro momento chega a "dar mediño" pero como creo que ese é un dos obxetivos, perfecto. Puntos ó seu favor vexo a sincronía de imaxe-audio, tanto nos botons das letras coma dos números. Vexoa moi orixinal, cun moi bó deseño e cun contido bastante amplo xa que o pulsar na letra aparece un vídeo na parte superior. Nota: 8
lunes, 19 de abril de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Polo menos un voto a favor do fondo; gústanos a sicodelia.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarMuchas gracias a todos por la valoración de nuestra página. Si queréis leer las nuestras (SMDB) están en: http://blacklogia.blogia.com/
ResponderEliminarDEBO DOCIR QUE APUNTAS VARIAS COUSAS MOI INTERESANTES SANDRA:
ResponderEliminar1: NA PAXINA DE INICIO NO HABIA UNHA ANOMACION PERO QUIZAIS DEEBRIAMOS METELA, A NOSA PAXINA DOECE NESE ASPECTO.
2º: O EQUILIBRIO E A COHERENCIA ERAN FUNDAMENTAIS.
3º: ESTAMOSA PREPARAR MELLORAS NA MESMA (XA QUE TEMOS NA IDEA PUBLICALA), NO TOCANTE A ENLACES, AGRADECEMNETOS...
GRACIAS POLAS VALORACIONS
UN SAUDO
PATRICIA COUCHEIRO
Grazas por facer o esforzo. Non hai moito contraste de opinión. Parece que 2 equipos son os que máis prestaron atención. Iso está ben, aló menos coñecen os comentarios de todos.
ResponderEliminarEsqueceusenos seguir o esquema proposto para a análise. Poucos o tiveron en conta.
grazas
marotlo
Grazas por participar, obrigatoriamente. Traballastades. As gotas de suor aínda se ven en zonas da AI6. Non sei si Fran se sintirá moi representado, pero houbo entusiasmo e ganas de facer cousas. Eso sí, uns máis ca outros (perdón polo galego). É algo que sabedes perfectamente, pero foi, en xeral, unha promoción boa, ó igual que os vosos compañeiros do curso anterior. Así que estivo ben mentres durou. Felicidades a todos e todas e agardo ver os vosos nomes, nun futuro non moi lonxano, entre oropeis de fama e de cartos.
ResponderEliminarAgora o lado práctico. Como pechades unha etapa, admitín a trámite as vosas valoracións, así que a nota é a que vos decidistesdes co esforzo de revisar e avaliar cada web.
Sumei todas as notas por proxecto e dividin por 43, número total de persoas implicadas no proceso.
Polo tanto, a nota de SeTeVaLaOlla é 5.
marotlo
Perdón por non apuntar horario de revisión:
ResponderEliminar- hoxe martes, de 18:00-20:30
- xoves e venres de 12:30 a 14:00
-- As notas, por suposto, son provisionais, xa que faltaba o tempo da revisión.
-- Hai 2 equipos, Madreselva e Mequetrefes que van ter máis nota porque entregaron o manual de estilo.
-- Falta a valoración das bitácoras que se incorporará á parte teórica
marotlo
Deseño: sinxelo, polo tema poderíase xogar con algo máis de rutura e estravagancia. Contacta e inicio, a cabeceira pegada á parte superior, no resto en mitad case da páxina, non se sabe porque. O sistema de navegación nestas 2 páxinas aparece de forma diferente que no resto. As páxinas non teñen título, así que non se sabe onde estamos: experiencias ou enrollamos??? Ó estar o logo, na maior parte das páxinas, case no centro vertical, hai que estar constantemente manexando a barra de desprazamento.
ResponderEliminarFuncionalidade: Hai algúns problemas cos enlaces e coa navegación: Na páxina firmada por consuelo, non vai más experiencias e aparecen 2 enlaces con atrás.
En nos enrollamos, non hai maneira de navegar libremente, só seguindo o enlace atrás, non hai unha forma de navegación propio. Todo imposto. Tampouco hai títulos de cada apartado. En horoscopo sí se pode navegar polos signos sen volver atrás, aínda que tamén aparece o botón que é neste caso innecesario. Tampouco ten título. Espazo inferior e superior na páxina innecesario. En test, non hai sistema de navegación nen tampouco botón atrás
Contido: Correcto, dentro do que son os contidos e con certa variedade
Organización: require unha revisión para que funcionen as cousas. Esos cambios dunha páxina a outra fan que pareza un pouco caos. Hai que coidar os elementos e recursos para que non se solapen ou aparezan en puntos raros.
foi un bo traballo. os problemas cos enlaces e os problemas coa distribución de contidos é unha cousa doada de resolver. Son consciente dos problemas de última hora.
marotlo
As notas definitivas inclúen
ResponderEliminarProxectos e axustes
Manual estilo: 0,4
Blogs (relación entre número de entradas, participación noutros blogs e resumos exposicións): 0,3, 0,4 ou 0,5
Traballos teóricos e exposicións: 0,3 ou 0,5
marotlo
Temas que entran no exame (deixados na carpeta de traballo e sobre os que tiveron que realizar consultas nos blogs):
ResponderEliminarcadrorecursosmultimedia; colorweb; consejosbuendiseno; deseno_web_xeral; evolucion_web2_0; facilidaduso-variantes_web; fasesproxecto; Guia_Breve_CSS; Guias_estilo; imaxes_web; origenes_animacion; tags_audiencias; tema2_proceso_traballo; tema4.linguaxes; tipografia_web; mapa_Web_2_0.
marotlo