lunes, 25 de enero de 2010

a última buacada de exposicións...

O poder do retorque fotográfico:
Pareceume unha exposición moi entretida e amena, sobretodo polos exemplos que puxestes.
Tamén é de valorar esa diferencia á que facía alusión Vítor Vaqueiro, a diferencia entre traballos artistícos e traballos artistícos.

Persoalmente sí que estou a favor do retoque fotográfico, porque temos que aproveitar as ferramentas que nos ofrecen os novos avances tecnolóxicos, e porque non facer uso deles. Iso sí, estou ó seu favor pero entrevendo a intención coa que se fai.
Polo tanto non o vexo ben nun marco como a prensa e demais, pero sí que se admite nese tipo de traballos artísticos fotográficos. Pero claro, na clase puxestenos o exemplo de Belén Esteban (gran exemplificación do retoque), entón eu pregunto: ¿en que clase ou tipo de fotografía encadramos a das portadas das revistas?¿ó mesmo nivel cas instantáneas feitas por fotógrafos profesionais para promocións ou campañas publicitarias? Dende logo nunca nun marco semellante ós dos fotógrafos profesionais e de renome, polo tanto considero que son diferentes tipos de enfoque, distintas intencións e causas polas que se emprega o retoque fotográfico dixital. Todo é relativo.

A piratería e a propiedade intelectual:

Principalmente gustaríame felicitar ós nosos compañeiros por mostrar os vídeos de David Bravo, un avogado que xa máis dunha vez gañou algún que outro pleito contra a SGAE. Él mesmo puxo á disposición en internet o libro: “Copia este libro”, eu persoalmente teñoo. Non é o único que promove este tipo de iniciativas, Paulo Cohelo puxo a disposición dos usuarios de internet a libre descarga de tres libros seus durante un período de tempo.
Como cita David Bravo: son eles os que se teñen que adaptar á sociedade de hoxe,non á sociedade a eles. Está ademais comprobado que quen promove a súa música a través da rede conta con máis coñecemento entre o público e isto beneficiao no senso de que o que gaña é a través de concertos, e é para él. Realmente os únicos órganos que están a favor tanto de pechar páxinas de descargas, do canon dixital e demais medidas son as discográficas, quen realmente son as perxudicadas. O tema da SGAE prefiro non comentalo, dame moita pena e remitome a un vídeo que puxestes. Ademáis non penso facer á alusión ás manifestacións da SGAE onde saen “artistas” como Chenoa provomendo a loita contra a piratería cando logo nos concertos insultanos a todos facendo playback, patético. Por non falar do caso de Ramoncín...

Como resposta á miña opinión acerca do novo anteproxecto de lei para pechar páxinas webs que permitan descargas, penso que será imposible, porque o mundo de internet é demasiado grande e poderoso como para poder loitar man á man con él. Espero que do mesmo xeito que lle puxeron un canon dixital a cds ou pendrives pensando que era para o uso propio, vulnerando a nosa presunción de inocencia, agardo que non fagan o mesmo cos PCs arguumentando que: como te vas descargar material da rede, paga xa unha cantidade por anticipado, polo menos así “é menos malo”.


A Animación:

Dúas cousas antes de nada:
moi boa a idea de presentar o traballo só co vídeo e moi bo recorrido polo mundo da animación, tanto de Disney, como a animación por plastilina, como a animación en 3D e a loita entre Pixar e Dreamworks.

Unha pena que non se puidera ver a totalidade do vídeo, a ver se o colgades que queremos ver ese final que non puxestes. A única pega: o son. O recorrido da animación era moi amplo e resumistelo bastante ben, case sempre é un tipo de cine esquecido pero cun gran público de masas que nunca soe fallar: os nenos.

domingo, 17 de enero de 2010


Imosvos aclarar algunhas das dúbidas que prantexastes nos vosos blogs:
Ás compañeiras de “ti es d'aquí ou ves á festa” non lles quedarou claro que era un plugin, ben, un plugin é un programa que incrementa ou aumenta as funcionalidades de un programa principal que interactúan por medio de API.. Para que o entendades mellor vouvos poñer un exemplo: as barras de búsquedas de Google ou Yahoo que son plugin para navegadores web como Internet Explorer ou Firefox. Outro exemplo coñecido é Flash de Adobe, un complemento que carga as animacions multimedias interactivas e usase, por exemplo, para ver vídeos. De vez en cando salta unha ventá emerxente que nos impide ver un vídeo porque non contamos co plugin ou complemento necesario, para iso só sería preciso descargalo.

Tamén nos prantexaron que deberíamos aclarar o tema da piratería, ben: os vídeos subidos a Youtube podense descargar mediante programas específicos (Videotodo, Realplayer) polo que piratealos é bastante sinxelo, co cal quen sube o vídeo á ese portal debe ser consciente ó risco que se expón. Por outro lado comentamos páxinas adicadas só a vídeos tanto de series como de películas: seriesyonkis, que sí que son un exemplo claro de “piratería”, para loitar con este tipo de páxinas que ofrecen ó espectador a posibilidade de ver a serie ou película en calquer momento e sen interrupcións, tanto Antena3, Cuatro, Telecinco e LaSexta teñen nas súas respectivas páxinas webs unha sección adicada exclusivamente ás series e programas que emiten co obxetivo de non perder espectadores e audiencia ofrecendo as mesmas características que ese tipo de páxinas.

Moitos tamén cuestionastedes a falta de exemplo de videoblogs, vlog, webshow o webtv son unha evolución dos blogs e que permiten igual articular comentarios e vídeos dentro da galería. Poden ser tanto videoblogs persoais, como temáticos ou mesmo de empresas. hectormilla.com, alternotv,hombrelobo.com, titanlux.tv, armadilloTV, joanplanas.com


sandra

jueves, 14 de enero de 2010

o video na rede

Ben, como vin na maioría dos vosos blogs non vos quedaron alguns aspectos da nosa exposición moi claros, gustaríame dicir que tampouco e que dispuxeramos do tempo necesario para abarcar todo o traballo e que fomos bastante sintéticos. Como na exposición non se puideron ver nin escoitar os videos dos que vos falei: deixovolos aquí para que vos axude no caso de que queirades subir un vídeo á vosa páxina web:

Deixovos dous vídeos de como subir un vídeo:




Respecto a como insertar un vídeo en Dreamweaver faleivos da posibilidade de copiar o enlace de Youtube, aquí deixovos o vídeo de como se debería facer:



Máis adiante aclararei as dúbidas acerca da piratería, porei varias páxinas para exemplificar os videoblogs, etc...


sandra