O poder do retorque fotográfico:
Pareceume unha exposición moi entretida e amena, sobretodo polos exemplos que puxestes.
Tamén é de valorar esa diferencia á que facía alusión Vítor Vaqueiro, a diferencia entre traballos artistícos e traballos artistícos.
Persoalmente sí que estou a favor do retoque fotográfico, porque temos que aproveitar as ferramentas que nos ofrecen os novos avances tecnolóxicos, e porque non facer uso deles. Iso sí, estou ó seu favor pero entrevendo a intención coa que se fai.
Polo tanto non o vexo ben nun marco como a prensa e demais, pero sí que se admite nese tipo de traballos artísticos fotográficos. Pero claro, na clase puxestenos o exemplo de Belén Esteban (gran exemplificación do retoque), entón eu pregunto: ¿en que clase ou tipo de fotografía encadramos a das portadas das revistas?¿ó mesmo nivel cas instantáneas feitas por fotógrafos profesionais para promocións ou campañas publicitarias? Dende logo nunca nun marco semellante ós dos fotógrafos profesionais e de renome, polo tanto considero que son diferentes tipos de enfoque, distintas intencións e causas polas que se emprega o retoque fotográfico dixital. Todo é relativo.
A piratería e a propiedade intelectual:
Principalmente gustaríame felicitar ós nosos compañeiros por mostrar os vídeos de David Bravo, un avogado que xa máis dunha vez gañou algún que outro pleito contra a SGAE. Él mesmo puxo á disposición en internet o libro: “Copia este libro”, eu persoalmente teñoo. Non é o único que promove este tipo de iniciativas, Paulo Cohelo puxo a disposición dos usuarios de internet a libre descarga de tres libros seus durante un período de tempo.
Como cita David Bravo: son eles os que se teñen que adaptar á sociedade de hoxe,non á sociedade a eles. Está ademais comprobado que quen promove a súa música a través da rede conta con máis coñecemento entre o público e isto beneficiao no senso de que o que gaña é a través de concertos, e é para él. Realmente os únicos órganos que están a favor tanto de pechar páxinas de descargas, do canon dixital e demais medidas son as discográficas, quen realmente son as perxudicadas. O tema da SGAE prefiro non comentalo, dame moita pena e remitome a un vídeo que puxestes. Ademáis non penso facer á alusión ás manifestacións da SGAE onde saen “artistas” como Chenoa provomendo a loita contra a piratería cando logo nos concertos insultanos a todos facendo playback, patético. Por non falar do caso de Ramoncín...
Como resposta á miña opinión acerca do novo anteproxecto de lei para pechar páxinas webs que permitan descargas, penso que será imposible, porque o mundo de internet é demasiado grande e poderoso como para poder loitar man á man con él. Espero que do mesmo xeito que lle puxeron un canon dixital a cds ou pendrives pensando que era para o uso propio, vulnerando a nosa presunción de inocencia, agardo que non fagan o mesmo cos PCs arguumentando que: como te vas descargar material da rede, paga xa unha cantidade por anticipado, polo menos así “é menos malo”.
A Animación:
Dúas cousas antes de nada:
moi boa a idea de presentar o traballo só co vídeo e moi bo recorrido polo mundo da animación, tanto de Disney, como a animación por plastilina, como a animación en 3D e a loita entre Pixar e Dreamworks.
Unha pena que non se puidera ver a totalidade do vídeo, a ver se o colgades que queremos ver ese final que non puxestes. A única pega: o son. O recorrido da animación era moi amplo e resumistelo bastante ben, case sempre é un tipo de cine esquecido pero cun gran público de masas que nunca soe fallar: os nenos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Quedamos definitivamente o mércores 7 de abril, a partir das 16:30 para, en primeiro lugar, subir os proxectos ó servidor e, a continuación, facer a presentación da páxina: que fixestedes, cómo a fixestedes, por qué a fixestedes e dificultades. Unha breve presentación para que despois se poidan avaliar cada proxecto individualmente (nada de grupo).
ResponderEliminarTampouco vou esquecer revisar os blogs e ver se fustedes incorporando os resumos de cada exposición.
As titorías neste cuadrimestre son: martes, de 18:00 a 20:30 e mércores, de 10:30 a 14:00 horas.
Lembrade tamén de usar o meu correo electrónico, e o de Fran para dúbidas sobre flash.
Os días 8, 9, 10, 15, 16 e 17 polas tardes, Fran andará (bó os dous) pola Facultade.
Se precisades que quedemos nalgún momento algunha clase máis, non habería problema. só temos que poñernos dacordo todos e todas.
ánimo
marotlo, (23/02/10)
Último e definitivo cambio.
ResponderEliminarCita: luns, día 12 de abril, ás 16:30, na AI6.
Programa de festas:
1. subir os proxectos ó servidor
2. facer a presentación da páxina (que fixestedes, cómo a fixestedes, por qué a fixestedes e dificultades). Unha breve presentación o magnífico traballo realizado (para un sobresaliente)
3. avaliar cada proxecto individualmente e poñendo unha nota real, non de amigos.
marotlo (25/2/10)
En total, na clase existen 14 blogs, falta un, blackLogia: http://blacklogia.blogia.com
ResponderEliminarmarotlo
Quero que nos vexamos como mínimo 4 veces, antes da entraga do proxecto, para que me comentedes como vai o traballo. En titorías ou noutro momento que estea pola facultade e non teña clase. Podemos fixar as citas a través do correo electrónico.
ResponderEliminarmarotlo