jueves, 10 de diciembre de 2009

E seguimos buacando...

Da exposición de "o deseño centrado no usuario" destacamos que foi moi breve, iso sí consolidamos ideas como a usuabilidade, a eficacia, a accesibilidade... todo enmarcado nunha estrutura significativa e interactiva que nos faga actuar de modo mecánico e "sen pensar".

Respeto ás redes sociais que máis usamos temos certa división: a un gustalle máis tuenti porque este (refirome con este a rede social non ó membro do grupo) é máis simple, non ten aplicacións complexas, simplemente serve para unha comunicación simple, esta mellorou ultimamente grazas á subida de fotos múltiple e o chat (copiado do facebook).

Persoalmente prefiro o facebook, non só porque quizáis a primeira vista pareza máis complexo, ó final acabas acostumandote a ditas ferramentas, ademais contas coa opción de que fagas o que fagas (sexa publicar fotos, completar test...) tes a opción de non publicar no muro(isto é que os teus contactos non o poidan ver). Conta con máis aplicacións como xogos online e gratuitos e a opción de facerte siareiro ou unirte a un grupo (como en twitter).

As ditas anteriormente son as que máis empregamos, pese a que podemos ter máis contas abertas e non as emperguemos (teño hi5, twitter, netlog pero non as uso ou as visito, cousa que si fago todos os días con tuenti e FB).

Aínda que coma o msn...nada.



Sandra

5 comentarios:

  1. Grazas polas ideas.
    Lembro que Segue aberto o prazo de preinsrición no obradoiro de flash. Só tendes que enviar un correo electrónico a sergotero2001@yahoo.es
    marotlo

    ResponderEliminar
  2. Moi ben Sandra polo teu traballo. Faltan as ideas sobre grafismo en televisión, que tamén foi unha exposición interesante e da que podemos obter conclusións.
    Vemos como o usuario, o destinatario final de cada proxecto, de cada realización é o que ten que estar no noso punto de mira. Pensemos sempre en comunicación, e que esa comunicación na rede te que ser moi, moi efectiva, porque hai millóns de páxina e os usuarios non perden tempo naquelas en que non ofrecen nada ou que son difíciles de utilizar.
    marotlo

    ResponderEliminar
  3. Efectivamente, as clases rematan o venres 22 de xaneiro, así que o 20 é o día de todas as exposicións que faltan. Ou tamén o grupo de animació podería facelo o día 13, para non misturalo coa propiedade inteletual e o retoque fotográfico.
    marotlo

    ResponderEliminar
  4. marita con respecto ao que dis de que as páxinas deben ser sinxelas e directas no seu contido... de novo, pregunto, QUE PASA CON FACEBOOK?

    a maioría da xente que coñezo, por non dicir todos, sempre existirá algunha escepción, recoñecen que ao comezo lle costaba entender o facebook, é dicir, considerábana unha páxina complexa, pero a pesar diso... continuaron usándoa.

    astresenpunto

    ResponderEliminar
  5. Do deseño centrado no usuario destacamos o que dicides de que o visitante debe de actuar de forma intuitiva a inmediata.
    Con respecto as redes sociais, creo que ao seren cada unha diferentes das outras, fan que un non se poida despegar do ordenador

    ResponderEliminar