Aínda que con retraso... (pedimos disculpas) presentamos pois as nosas dubidas trala intensa lectura dos temas.
1. No proceso de creación dunha páxina web HTML, se queremos facela máis dinámica ou entretida metendo aplicación Java ou similares, ¿ como habería que facelo?, ¿metendo códigos para que apareza esa función ou é preciso establecer que queremos outro tipo de páxina dende un principio?
2.¿Que é unha Interface Web?
3. ¿Que é o que designa unha IP a un ordenador, o propio ordenador, a rede dende a que se conecta a internet, sistemas que lle engadas como firewalls, o propio usuario…?
4.¿Que é un plug-in?
5. ¿Que se considera escoitar sons en tempo real vía internet? Por exemplo, non sería en tempo real no caso de ter que descargarse unha canción enteira para podela escoitar, e si o sería no caso de escoitar unha emisora en directo, mais, no caso por exemplo dos videos online, non hay que agardar a unha descarga completa para darlle uso, considerase escoita ou visión en tempo real? ou ao estar almaceado ese arquibo non se pode considerar como tal?.
6. Para a compresión dun vídeo que codec é mais recomendable, mpeg, cine pack, sorenson video, intel indeo ou divx?
rosa
lunes, 30 de noviembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
- Java. Sí. Hai que definir cales son as opcións que se queren introducir e programar esas opcións. Hai páxinas que permite recuperar elementos interactivos, copiando o cóigo e insertano onde explica que hai que facelo. E senón hai que programar os elementos a medida que se fan as páxinas.
ResponderEliminar- Interfaz: é a estrutura do sitio. Toos os programas teñe unha interfaz, en xeral, máis ou menos intutiva: menús, barras de ferramentas, paletas de opcións, etc. que polo uso máis ou menos somos capaces de encontar e usar. O mesmo pasa coa web: hai uns elementos que teñen que estar presentes: logos, navegación, interacción... e os usuarios teñen que identificar as opcións de moverse e de atopar a información de xeito sinxelo e intuitivo.
- O número IP identifica o ordenador, é como o enderzo postal dunha vivenda.
- plug-in é un programa auxiliar que nos permite, por exemplo, ver unha páxina flash ou ler un arquivo pdg. Son programas que hai que instalar para ver determinadas utilidades que aparecen nas páxinas web.
- tempo real é que non necesitas descargar o arquivo para escoitalo ou velo. Os recursos audiovisuais coa tecnoloxía streaming significa que os ves directamente na rede, que no te ocupan espazo no teu ordenador. é cando vez a tele ou a radio diretamente a través do ordenador. é como you tube, non tes que descargar o arquivo para ver a secuencia videográfica.
- tanto para audio como vídeo o máis usado pode ser toda a familia de MPEG. aquí vai un enderezo por si vos pode axudar:
http://www.informatica-hoy.com.ar/aprender-informatica/Codecs-de-audio-y-video-mas-utilizados.php
marotlo