hoxe buacaremos nas páxinas creadas polos nosos compañeiros de 2º de cav do ano pasado, e deste xeito daremos a nosa opinión/crítica sobre os mesmos: Buacade connosco!!! :)
RADIOACTIVOS:
Comezando polo deseño da páxina, reflexa xa dende un primeiro momento a súa temática (centrase na radio basicamente). Non aproveita o suficientemente ben o espazo na web, é bastante simple, pero isto quizáis tamén se deba a que o contido da mesma tampocuco ofrece moito. Na sección de actualidade son moi poucas as novas, dende a programación hai un amplo número de emisoras pero aínda así chega a ser insuficiente, nas seccións de formatos outro tanto do mesmo, moi pouca variedade na cal escoller. No apartado de audiencias e de historia, son escuetos, sí, pero remiten con links a páxinas especializadas. É moi recorrente o uso de links externos, fóra da propia páxina. En definitiva, moi sinxela e seria pero cumpre "ben" coas funcións da temática que trata. Ó seu favor dicir que é moi cómoda de empregar, sinxela no diseño o que permite navegar mellor pola web.
http://www.facultadecomunicacion.org/desenho/radioactivos/index.html
QUETEQUERO:
O primeiro que chama a atención é o atractivo e suxerente que resulta á páxina, ó aceso á mesma pero que logo perde intensidade o pasar de sección a sección, aínda así segue a resultar igual de atractivo visualmente ó contar con tanto colorido. Serve d gran axuda á hora de cambiar d apartados o feito de que se conte cunha columna coas outras seccións. Centrandonos máis no contido, claramente o amor e as relación, sería algo así como una páxina web do que comunmente coñecemos como revistas adolescentes (véxase bravo, superpop...). A insipación centrase ahí pero o contido dos mesmo é tratado con moito sentido do humor, en certo modo "parodiando" as anteriores revistas citadas. Moita orixinalidade en xeral, tamén é notable nas fotografias, nos relatos, consellos, test... están tamén cheos de moito inxenio. En definitiva unha páxina traballada ben a fondo, sobretodo no contido e como non, tamén no deseño.
http://www.facultadecomunicacion.org/desenho/quetequero/Revista.html
TUTTI FRUTTI:
Persoalmente, trátase dunha páxina abstante rudimentaria, pouco profesional e que non chega o nivel das demais. Pese a isto, o contido das mesmas está cheo de orixinalidade e inxenio formando parte dun grupo, o que eles denominan "tutti frutti". Un exemplo de orixinalidade vese ben nas cancion e nas descipcións dos "cantantes". Ten algún que outro punto fraco como o video grabado, pero tamén conta con doses de verosimilitude que invitar a "crer" no grupo como é o caso da venda de camisolas ou de bonecos. Unha páxina cun diseño alegre e colorido pero sempre na linea rudimentaria e dómestica, que se mellora, en parte, co seu contido.
http://www.facultadecomunicacion.org/desenho/Paginatuttifrutti/index.html
KEN AND THE DOLLS:
É un dos portais máis traballados, orixinais e cun moi bó pranteamento, tanto polo deseño da rede como polo contido. Pode dar "perfectamente" o pego sobre una páxina de profesionais, ten recursos e ideas moi invovadoras, a idea do grupo de música é bastante recorrente pero aquí fano tratandoa do mellor xeito posible. É unha páxina moi dinámica e cun bó nivel. Poucas ou mellor, case ningunha pega que poñerlle, quizáis que tarde un chisco en cargar a páxina, pero vendo o seu contido, é lóxico. Por certo, o detalle de que estean baixo dereitos de autor, gaña puntos ó seu favor.
ZAPA:
Como moitas outras páxinas, antes de entrar na páxina inicial, aparecenos unha especie de intro na caldebemos pinchar para aceder a principal, polo que vemos tratase dun recurso empregado pola maioría dos creadores destes portais. Independentemente deste detalle, parecenos que mesmo ó non ter a frescura, a vitalidade ou o inxenio das demais páxinas, atopamonos ante una páxina máis que profesional. Evidentemente todas os apartados da páxina están ben completos e cun diseño sobrio e "serio", pero que intenta encaixar coa personalidade do cantautor e poeta que se está a promocionar. O detalle de descargarse as cancións do megaupload, "un puntazo".
ARTESALA:
Estamos ante un deseño funcional, básico, sinxelo pero á vez con toques de orixinalidade.
Tanto os apartados de "peliculas", "libros", "fotografías"e "música" contan cun moi bó traballo co conseguinte de construir un cartel para cada pelicula.. e unha sinopse do filme e do libro. Non deixa de ser unha páxina fresca, dinámica e xuvenil que nunha primeira instancia semella pouco toque profesional ou de nivel, pero según un se adentra na páxina descobre que non, que esa idea é falsa. Persoalmente é conta con poucos apartados, e a carga da páxina é demasiado lenta.
MINIMALAB:
A priori parece unha das páxinas máis "secas" e pobres de contido. O deseño axustase perfectamente ó da idea principal: o minimalismo. Toda arte sometida ó minimalismo exponse na páxina: arquitectura, pintura, música, escultura e pintura. Iso sí os contidos dos mesmos son pouco variados e pouco traballados, non sei se a intensidade e esforzo dos creadores seguía a corrente minimalista,pero de seres así, cumpliron a perfección. :)
OITENTEIROS:
Sen dúbida unha das mellores cartas de presentación en canto ó video de inicio. Refléxase xa de primeiras un bó traballo detrás e diante da cámara. É lóxico que tarde en cargar a páxina, pero non se fai pesado. Selecionando un tema como os dos 80' teñen bastante marxe coa que traballar, co cal tamén se explica que realicen un moi bó traballo de documentación no que compete os debuxos, series, xogos...(coas conseguintes explicacións caseiras de cada unha).
Chamativo é a o número de cancións que podemos escoitar dentro da páxina sen que nos redirixan a unha páxina externa (como noutros casos). O deseño non é moi dos anos 80' , concepto que debería ir en sincronía co resto do portal, pero é pasable.
AO LIMITE:
Diseño:moi orixinal e dinámico. Contido: variado, completo e divertido.
Tanto nas receitas de cociña, economicamente dando consellos sobre como aforrar e recomendando páxinas para traballar e lugares de santiago para saír reflexan un contido de web moi complento e sobretodo de moitisima utilidade para a xuventude universitaria. Non fai falla engadir nin quitar no contido, o deseño da páxina é inxenioso e orixinal, podería facerse un traballo máis "profesional" e con máis apartados, pero en certo modo estes handicaps vense equilibrados co gran nivel de documentación e de contido dentro das seccións.
GUIONIZA:
Parece unha das páxinas máis pobres, non só pola primeira impresión, se non porque tanto o contido. Un gran defecto que lle carga de efectos negativos é que tarda moito en cargar e algunhas das seccións coma a de noticias tardan en aparecer demasiado e mesmo ás veces nin aparece. Os links dentro do portal (como os que atopamos dentro de "guiones" están moi ben traballados xa sexa en cortos ou filmes. Maila todo isto negativo, hai seccións de interese para cavs coma nos e llinks de interese. Aínda así a visión do portal é negativa, sobretodo no diseño (demasiado simple).
WONDERFUL 5:
Persoalmente é unha das mellores. Música, fotografía, persoaxes e descrición dos mesmos (acompañados como non cunha "banda sonora" particular para cada un. O punto negativo que quizáis lle poidamos atopar sexa o corte de música de sección en sección, ademáis de que conta con moi pouco contido, é dicir, noutros casos que tiñan como temática un grupo de música o traballo realizouse moito máis a fondo como na invención de cancións,etc No que toca ó diseño parece moi funcional e simple, nin se quera a "zona fan" é moi aceptable,pero non é demasiado criticable posto que se axusta en certo modo coa estética do grupo.
sandra